Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 2 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar os actos con motivo do patrón dos Bombeiros. Na rolda tamén estará o xefe dos Bombeiros de Santiago, Xesús Martínez.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o espectáculo "Bravas e Diversas" que representará Chévere o vindeiro 8 de marzo co gallo do Día Internacional das Mulleres. Na rolda estarán Xesús Ron, Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar, Esther Carrodeguas, Clara Gayo e Renata Otero.

19.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega dos premios Educacompostela.

20.30 h
No Centro Abanca Obra Social, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, inaugura a Exposición Elas de Aurora Marco. Posteriormente haberá unha conferencia a cargo da autora co título "Romperon barreiras e ocuparon espazos, ELAS".

Compartir: