Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 18 de marzo

9.45 h
En Alcalá de Henares, a tenente de alcalde, María Rozas, asiste á Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

10.30 h
No campo de fútbol de Marrozos, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á inauguración do I Santiago Football Camp de Fútbol Americano organizado polo Santiago Black Ravens e o Imperial Reus.

19.00 h
No Auditorio Abanca, concerto da Banda Municipal de Música con motivo do 20 aniversario da Cofradía da Vera Cruz.

19.00 h
Na Praza do Obradoiro a concelleira de Igualdade, Marta Lois, participa na manifestación "Que non te engañen, a diversidade existe" organizada polos colectivos LGTBI Ultreia, Arelas e AmiZando

19.30 h
No Polígono Costa Vella, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de premios do XV Duatlón Cidade de Santiago.

20.30 h
No Teatro Principal, Voadora presenta ‘Soño dunha noite de verán’ de William Shakespeare. Dirixida por Marta Pazos e con Anäel Snoek, Andrea Quintana, Areta Bolado, Borja Fernández, Diego Anido, Hugo Torres, Janet Novas, Jose Díaz e Liza Suárez en escena.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Christian Atanasiu presenta ‘Xograr coas palabras’ dentro de 'Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral’.

Compartir: