Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 13 de marzo

10.45 h
No CEIP López Ferreiro, o concelleiro de Educación e Cidadanía, visita a nova zona de xogo infantil do centro.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘O cine soa ben!’, concerto didáctico e interactivo de Caspervek Trío, dentro do Programa Didáctico da concellaría de Acción Cultural.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Antón sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da tenente de alcalde, María Rozas, e de José Díaz e Hugo Torres, de Voadora, para presentar ‘Soño dunha noite de verán’ que poderemos ver de mércores a sábado no Teatro Principal dentro do ciclo de Teatro&Danza da concellaría de Acción Cultural.

12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a Borja Golán, primeiro español en proclamarse campión de Europa de Squash.

14.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, recibe os participantes no Congreso de estudantes de Medicina, CIMQ17.

15.30 h
En Florencia (Italia), a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, mantén unha xuntanza co alcalde da cidade, Dario Nardella, e coa concelleira de Turismo, Paola Concia, no marco dunha viaxe de traballo organizada polo Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade.

Compartir: