Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 20 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura unha exposición que percorre os 170 anos da Banda Municipal de Santiago. Asisten: Beatriz Cancela, musicóloga, comisaria da exposición; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Juan Conde, responsable de Exposicións do Consorcio. A Banda tocará unhas pezas na Praza de Praterías antes do acto de inauguración (11.15 h).

**15.30 h**
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes:
Sesión extraordinaria e urxente do día 19 de xullo de 2018, núm. 10.
Sesión ordinaria do día 19 de xullo de 2018, núm. 11.
Sesión extraordinaria e urxente do día 26 de xullo de 2018, núm. 12.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Aprobación definitiva da modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para o sinalamento das aliñacións na N-525. Tramo I. Núcleo da Susana.
4.- Aprobación definitiva da modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) e do plan especial do Campus Universitario (PE-8), no ámbito do equipamento universitario (EU-2). Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola.
5.- Proposición do grupo municipal do BNG, para mudar, de urxencia, o caduco globo presostático que cobre a piscina de Sar.
6.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a necesidade de revisar o exercicio da potestade sancionadora no Concello.
7.- Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, sobre o estudo dunha rebaixa fiscal para o exercicio de 2019.
8.- Ratificación de resolución da alcaldía de data 3 de agosto do corrente ano, de interposición de recurso de casación contra a sentenza da Sala do Contencioso Administrativo do TSX de Galicia en PO 25/2016.
9.- Dar conta de resolucións da alcaldía de 30 de xullo de 2018 designando alcaldesa en funcións e de 2 de agosto de 2018 de nomeamento de concelleiro secretario suplente terceiro da Xunta de Goberno.
10.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11.- Rogos, preguntas e interpelacións.

19.00 h
Na Praza da Quintana, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Casiano Mouriño, e a Orquestra de Malabares.

19.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto e recepción con motivo do VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas.

20.30 h
No Teatro Principal, Tarde de Cancións, concerto dentro do Ciclo de Lied. A mezzosoprano Christianne Stotijn e o pianista Maciej Pikulski, interpretan un programa variado que inclúe pezas de Brahms, Chaikovski, Mahler e Strauss.

**O Pleno comeza unha hora antes do habitual

Compartir: