Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 19 de setembro

9.00 h
Na sede de Televés, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á presentación do proxecto ACTIVAGE.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar a campaña de doazón de órganos de ALCER Coruña. Na rolda estará Alfredo Saborido, coordinador da entidade.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o programa de squash nos centros escolares de Santiago. Na rolda estará o presidente da Federación de Squash, Carlos Noya.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, para presentar os actos con motivo da Semana Europea da Mobilidade.

12.10 h
En Ávila (Palacio de Superunda), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto central co que o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España conmemora os 25 anos da súa creación, e que estará presidido pola Súa Maxestade o Rei.

13.00 h
Na Facultade de Medicina, a primeira tenente de alcalde, María Rozas, asiste á inauguración do VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas, que estará presidido pola Súa Maxestade a Raíña Dona Sofía.

20.00 h
No Centro Cultural Afundación (rúa do Vilar, 19), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da exposición "Alzheimer: O camiño da memoria", dentro das actividades con motivo do VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas.

Compartir: