Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 7 de xuño

10.30 h
No Auditorio de Galicia, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste á II Gala de Seguridade Viaria.

11.00 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar Común-Artes, proxecto comunitario de inclusión social a través das artes. Na rolda estarán o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, e a directora do espectáculo, Carlota Pérez.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o Torneo Viravolta Jael Ximnasia Rítmica. Na rolda estarán Wendy Rey, presidenta Club Viravolta e Chema Fernández, de Jael Xoiería, patrocinador do evento.

12.00 h
No Aeroclub (rúa Xeneral Pardiñas, 34, baixo), a alcaldesa accidental, María Rozas, visita a mesa da Asociación Española contra o Cancro.

12.45 h
Na Alcaldía, a alcaldesa accidental, María Rozas, reúnese co Premio Nobel de Economía 2004, Finn E. Kydland, dentro do Programa Conciencia.

16.30 h
No Centro Cívico de Vite, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste á clausura do Programa de Envellecemento Activo.

Compartir: