Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 28 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
No Salón Verde, o alcalde, Martiño Noriega, e o presidente do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia, Jesús González Vázquez, asinan o acordo para a concesión demanial dunha parcela do SUNP-5 da Muíña para a construción da sede do Consello Regulador da IXPCVG

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao profesorado dos centros educativos de Santiago que se xubila este curso 2017-2018.

13.00 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega das Medallas Castelao.

19.00 h
No Pazo de San Roque, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asiste ao acto de entrega do V Premio "Contar a ciencia".

20.00 h
Na Fundación Granell, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á inauguración da exposición "Construcións e Toys. Eugenio Granell e Esteban Vicente".

20.00 h
No parque de San Domingos de Bonaval, ‘Orquestra de Malabares’, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago e Pistacatro. Dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de inauguración do VIII Festival Internacional Peregrinos Musicais.

Compartir: