Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 25 de xuño

11.00 h
A alcaldesa en funcións, María Rozas, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitan o novo parque infantil de Outeiro de Sar.

11.00 h
No hospitaliño de San Roque, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste ao acto de entrega do Premio Elías Valiña 2018.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, para presentar as novas Visitas Turísticas dialogadas entre Rosalía e Valle-Inclán. Na rolda de prensa estarán as personaxes de Rosalía e Valle-Inclán.

19.00 h
No CGAC, coloquio "Macías e Portugal: unha ollada próxima", dentro das Xornadas de Música Contemporánea que este ano se dedican a Enrique Macías. Participan Manolo Romón, actor, presentador e escritor; Pedro Amaral, compositor e director de orquestra; e Javier Macías, irmán de Enrique Macías, moderados por Paco Yáñez, crítico de Mundo Clásico.

19.30 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, encontro informativo sectorial (mulleres) dos Orzamentos Participativos.

20.30 h
No CGAC, "Itinerario de Luz", concerto de Vertixe Sonora, dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Dirixidos por Pedro Amaral.

Compartir: