Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 21 de xuño

9.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión Executiva da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o horario de verán do transporte público.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a VIII edición do Festival Internacional Peregrinos Musicales. Na rolda participan tamén o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, e a directora do festival, Ilona Timchenko.

11.30 h
No Salón Verde, as concelleiras de Acción Cultural e de Igualdade, Branca Novoneyra e Marta Lois, asinan a Carta de Compromiso coa Igualdade nas Artes Escénicas, unha iniciativa impulsada pola asociación "Clásicas e Modernas". En representación da mesma asinará Mariana Carballal, do Grupo Promotor Galicia de Tempadas de Igualdade. Tamén asisten as actrices Esther F. Carrodeguas, Estívaliz Veiga e Marta Pérez.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar dous programas da rede de centros.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións extraordinaria e ordinaria dos días 15 e 24 de maio de 2018.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á recuperación ambiental do río Sar.
4.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a modificación das axudas individuais para o uso do taxi como alternativa para as persoas con dificultades de acceso ao transporte público colectivo.
5.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a urxente devolución á veciñanza das cantidades indebidamente recadadas polas plusvalías na venda a perdas de terreos urbanos.
6.- Proposición do grupo municipal do BNG, para instar ao goberno español ao cumprimento de acordos e revisión de proxectos pendentes con Santiago de Compostela.
7.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.

19.30 h
Na Casa das Asociacións, asemblea de diagnose de Municipal dos Orzamentos Participativos.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago e da Banda Municipal de Música da Coruña dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Conmemoran os seus 170 e 70 aniversario, respectivamente, así como o Día Europeo da Música. Dirixen Casiano Mouriño e Juan José Ocón.

Compartir: