Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 13 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e da presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, para presentar o convenio de colaboración entre ambas entidades para o fomento do consumo da auga da billa.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, e do alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández, para presentar a Ofrenda do Lume Sagrado nas Festas de San Xoán. Estarán acompañados por Gumersindo Pereiras e Montserrat Torres, da Asociación do Castro da Fervenza de Callobre.

17.00 h
No Centro Cívico de Laraño, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, e o concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, asisten ao encontro final dos obradoiros de empoderamento no rural.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, a compañía Volta e Dálle representa "Dura Lex".

20.30 h
Na Igrexa da Universidade, "Saxofón en galego", concerto de Rafael Yebra, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: