Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 5 de abril

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e da deputada Pilar Cancela sobre asuntos de carácter local.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar a campaña "Das mulleres xitanas a todas as mulleres: loitemos por cambiar os tempos". Asisten Lorena Seijo, coordinadora de Agareso; e Isabel Suárez, coordinadora da Fundación Secretariado Xitano en Santiago.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, participa do acto simbólico "Marca o X solidario" organizado por EAPN Galicia, CERMI Galicia e Coordinadora Galega de ONGD

18.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de celebración do décimo aniversario da Biblioteca Ánxel Casal.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Dima Slobodeniouk e con Nicolas Altstaedt, violonchelo. Dentro do Programa de Abono.

Compartir: