Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 20 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, para presentar a primeira participación de Turismo de Santiago no maior evento do sector aeronáutico de Europa.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar os actos con motivo do Día do Deporte na Rúa.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar as actividades da Rede de Centros Cívicos con motivo do Día do Libro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

16.30 h
No Centro Cívico de Busto, obradoiro para mellorar o benestar individual e colectivo das mulleres, dentro do programa de actividades con motivo do Día Internacional das Mulleres.

17.00 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao simposio "Otero en Compostela: os anos máis felices", dentro das xornadas "Abril Oteriano", organizadas pola Fundación Otero Pedrayo.

18.00 h a 20.00 h
No Centro Cívico de Conxo, Obradoiros de elaboración de traxes de época para a celebración do Banquete de Conxo, coa Asociación do Traxe Galego. Necesaria inscrición previa.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Paul Daniel, previo ao concerto que dará a Real Filharmonía de Galicia ás 20.30 h.

20.00 h
No Teatro Colón da Coruña, gala de entrega dos premios Youtubeir@s 2017.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "De Galaxias e Planetas", concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel acompañada do Coro feminino Gaos. Interpretarán "A Guerra das Galaxias" de John Williams e "Os Planetas" de Gustav Holst, ademais de estrear dúas obras encargadas aos compositores galegos Jacobo Gaspar e Antón Alcalde.

20.30 h
No Teatro Principal, "Ten Long years", concerto X aniversario da Bakin Blues Band.

Compartir: