Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 19 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal de Compostela Aberta, Concha Fernández, para presentar a moción relativa á implantación dunha renda básica universal. Na rolda estará Manuel López, do colectivo RBU Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; do secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e de Berta Álvarez, coordinadora do CEM; para presentar o Encontro aberto co sector cultural de Compostela do vindeiro 24 de abril, que tratará a promoción das ICC’s, o fomento da innovación e a colaboración con outros territorios.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do 15 de marzo de 2018.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Aprobación do convenio polo que se establecen as bases de cooperación do proxecto parque "Compostela Rupestre".
4.- Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM nas disposicións transitorias 2ª e 12ª. Plan parcial de Fontiñas e PERIS de Concheiros, Vieiro e Outeiro.
5.- Solicitude de inicio de avaliación ambiental da modificación puntual do PXOM no ámbito do PERI-12. Antigo Colexio Manuel Peleteiro.
6.- Solicitude de inicio de avaliación ambiental da modificación puntual do PXOM no ámbito do parcela EM-FE. Finca do Espiño.
7.- Proposta da alcaldía de adhesión do Concello de Santiago á declaración institucional de apoio e impulso á modificación do Corredor Atlántico de mercadorías.
8.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a recuperación do horario para uso público dos xardíns do Pazo de Amarante.
9.- Proposición do grupo municipal do BNG, para reclamar as obras de seguranza da rotonda de Conxo.
10.- Proposición do grupo municipal do BNG, para activar os consellos de participación.
11.- Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á finalización do enlace norte da estrada N-550 coa autoestrada AP-9.
12.- Dar conta do informe anual de queixas e suxestións corresponde ao ano 2017.
13.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
14.- Rogos, preguntas e interpelacións.

20.30 h
No Teatro Principal, Leo Bassi presenta "El último bufón", dentro da programación de Teatro & Danza.

Compartir: