Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 26 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, e do concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, para presentar as andainas polas parroquias e a exposición fotográfica "As que fomos", actividades ao abeiro dos obradoiros de empoderamento das mulleres no rural.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a XXXVIII Feira do Libro de Santiago de Compostela. Na rolda tamén estarán Dolores Puerta, representante da Federación de Libreiros de Galicia, e Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

19.00 h
No Centro Cívico de Santa Marta, paseo histórico-teatral con Os Quinquilláns e Cavort Teatro, no marco da Festa do Banquete.

20.30 h
Na Bodeguilla de Santa Marta, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa na segunda xornada de degustación da cabra, no marco da Festa do Banquete.

20.30 h
No Teatro Principal, Elahood presentan "La soledad de Wally", dentro das seccións EscenaGZ e TerritorioMulleres da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Ao remate, #posfuncion co público.

Compartir: