Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 27 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio, Xaquín López, para presentar ‘A cabeza do Dragón’ de Valle Inclán, posto en escena por Producións Excéntricas con música en directo do TAC e co que pechamos as Xornadas de Música Contemporánea. Na rolda participan tamén Quico Cadaval, director, Josito Porto e Patricia Vázquez, membros do elenco, e Luis Soto, músico do TAC.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para dar a coñecer o fallo do xurado do XI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Na rolda tamén estarán membros do xurado.

12.00 h
Na Facultade de Económicas, a alcaldesa en funcións, María Rozas, asiste ao acto de entrega dos premios da X Olimpiada española de Economía.

19.30 h
No Local Social de San Lourenzo, asemblea de diagnose da Zona Noroeste dos Orzamentos Participativos.

19.30 h
Na Fundación Torrente Ballester, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro "Agora entramos nós. Voces Ceibes e a canción protesta galega". Tamén asisten Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura; Antonio López, reitor da Universidade de Santiago; Sheila Fernández Conde, autora da publicación; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; e Juan Blanco, director do Servizo de Publicacións da USC.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, ‘Buscando a Clío: achegando linguaxes para unha ópera contemporánea’, charla arredor do proceso de creación entre o compositor Fernando Buide, e o dramaturgo, Fernando Epelde. Dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: