Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 27 de febreiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
En Madrid (sede da FEMP), a concelleira de Facenda, María Rozas, asiste á xuntanza convocada pola FEMP sobre financiación local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar as actividades formativas do Centro Xove da Almáciga.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a representantes sindicais do ámbito da Xustiza.

20.00 h
No Museo das Peregrinacións, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de celebración do 25 aniversario da Casa da Troia.

Compartir: