Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 21 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Mocidade e de Igualdade, Noa Morales e Marta Lois, para presentar o concerto Rock and Elas, dentro das actividades con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

16.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Ratificación da urxencia da sesión.
2. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3. Resolución de alegacións, e aprobación definitiva, se procede, do orzamento e cadro de persoal do Concello para o ano 2018.

16.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
2. Debate sobre o estado do concello.

Compartir: