Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 12 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o Plan Estratéxico de Turismo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e Artur Trillo, director de Talía Teatro, para presentar "O servidor de dous amos", espectáculo co que se celebra o 30 aniversario da compañía e que estrearemos no Teatro Principal do 14 ao 17 de febreiro. Na rolda estarán tamén Diego Rey, adaptador e director da obra; e Dani Trillo e María Ordóñez, protagonistas da mesma.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Consellería de Economía, Emprego e Industria, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, José Alfonso Marnotes, asinan o convenio de colaboración para a acreditación da formación impartida polo Concello de Santiago no marco do proxecto "Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego". (Na Sala de Prensa, 3ª planta).

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

ENTROIDO 2018

OBRADOIROS DE ENTROIDO
Entrada libre. As prazas completaranse por orde de chegada
De 12.00 a 14.00 h. Caretas boteiro + disfraz de pirata.
De 17.00 a 19.00 h. Gravatas ou gafas extravagantes + sombreiros de cores
Pazo de Bendaña. Praza do Toural

Compartir: