Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 20 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, "Danza da Choiva", dentro do Compostela Cultura Didáctica.

11.00 h
No Salón de Plenos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao pleno infantil promovido pola Fundación Down Compostela co alumnado de 5º de primaria do CEIP das Fontiñas.

11.20 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o XVII Duatlón Cidade de Santiago. Na rolda estará Ramón López, membro do Club Triatlón Santiago Arcade Inforhouse.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Cidade da Cultura (Sala Eisenman), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales; do presidente do Santiago Futsal, Ramón García; da xerenta da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; e da xerenta de Viaqua, Ana Teijeiro; para presentar o torneo "Cidade do Futsal".

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Plataforma de Miramontes.

19.00 h
No Auditorio Abanca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega dos Premios San Clemente.

20.30 h
Na Capela do Hostal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega dos Premios Down Compostela.

Compartir: