Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 23 de xullo

10.30 h
No Centro Xove da Almáciga, as concelleiras de Mocidade e Facenda, Noa Morales e María Rozas, visitan a actividade "Hortalíza-TE" elixida pola mocidade de Santiago nos Orzamentos Participativos. Na visita estará a encargada do proxecto, Luz Eyo.

11.30 h
No parque de Pablo Iglesias (Vite), Mañás de circo nos parques, con Circo Chosco. Actividade de balde.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o Concerto das Bandas Galegas que se celebrará o día 26, no marco das festas do Apóstolo. Na rolda tamén participarán representantes das bandas, e Silvia Rodríguez, en representación de Coca Cola, empresa patrocinadora do evento.

Compartir: