Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 16 de xullo

11.00 h
No Pavillón polideportivo da USC, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, e a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, visitan as actividades organizadas dentro do programa Verán CampUSC.

11.30 h
Na praza de Pascual Veiga (Santa Marta), Mañás de circo nos parques, con Circo Chosco. Actividade de balde.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o programa "Compostela É Música", dentro das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estarán Chus Silva, en representación da sección Compostela de Músicos Ao Vivo; Jamila Castillo, de Jamila Purofilin; Guillermo Vizoso, de Mojo Experience; e Nastasia Zürcher, en representación de Músicos ao Vivo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
Na Igrexa Conventual do Carme-Santa Clara, a Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Casiano Mouriño, participa na procesión da Virxe do Carme.

Compartir: