Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 12 de xullo

10.15 h
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visita a nova área de xogos do parque Pablo Iglesias.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, María Antón, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Cersia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de homenaxe póstuma a Suso Mosquera, secretario xeral de UGT Galicia entre 1980 e 2005.

11.30 h
No exterior do Centro Cívico de Marrozos, Mañás de circo nos parques, con Circo Chosco. Actividade de balde.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o programa Onda, dentro das Festas do Apóstolo 2018. Na rolda tamén estará Pepe Sendón, coordinador do proxecto.

12.30 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición "Compostelaneando a miña fauna. Muller, Xapón, Cacto…", que reúne pezas en pequeno formato do escultor José Francisco López Noya "Francés", que estará presente no acto. Tamén asisten Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago, e Juan Conde, responsable de Exposicións do Consorcio.

20.00 h
Na praza Roxa, "Tarde de Zarzuela" coa Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Casiano Mouriño.

Compartir: