Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 12 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a II Feira de Cervexa Artesá. Na rolda estará Esteban Loureiro, da Asociación Galega de Cervexeiros/as artesáns.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para presentar os Orzamentos Participativos 2019.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar os actos con motivo do Día Europeo da Música. Na rolda tamén estarán Iván Pantín, director da Banda de Música de Visantoña, e Fernando Rey, director da Escola Municipal de Música de Santiago.

12.00 h
No Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, clausura o programa "Internet das cousas e Emprendemento".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: