Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 8 de maio

9.30 h
No Auditorio de Galicia (sala Mozart), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a Conferencia estratéxica do plan de xestión da Cidade Histórica.

11.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á presentación da Cidade do Futsal, organizada polo Santiago Futsal.

11.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de conmemoración do Día Mundial da Cruz Roja e a Media Luna Roja en España, que estará presidido pola Súa Maxestade a Raíña Dona Letizia.

17.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas participantes no programa de envellecemento activo de Vite.

18.15 h
No CGAC, acto "Recuperando as tradicións a través da música e da arte". Organizado pola Concellería de Centros Cívicos e a USC, dentro do proxecto Unión de Canles Sociais: proxecto de arte comunitario.

18.30 h
No Auditorio Abanca, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asiste ao concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música.

Compartir: