Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 25 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello (Salón Vermello), ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a II Semana do Libro de Compostela, SELIC. Tamén estará a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e Carlos Valdés, de Irmás Cartoné Editora.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

17.45 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas participantes no congreso "A inspección ante as novas formas de fuxida do Dereito do Traballo".

18.30 h
Na rúa Manuel Vázquez Cacharrón, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da nova sede do Colexio Oficial de Podólogos.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Jaime Martín, director, e Lucas Macías, óboe, previo ao concerto da Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de fin de temporada da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Jaime Martín e con Lucas Macías, óboe. Interpretan obras de Ravel, Strauss e Stravinski.

Compartir: