Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 24 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal do BNG, Rubén Cela e Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a Festa do Deporte 2018.

11.30 h
Na sala de usos múltiples da Praza de Abastos, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mercados, Noa Morales, para presentar a acción que desenvolverá o Concello de Santiago xunto coa Praza de Abastos no marco da campaña internacional da Xunta de Galicia "Quere o teu mercado". Na rolda estarán a xerenta da praza, Marta Rey e a subdirectora xeral de Comercio, Marta López.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do 19 de abril de 2018.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Aprobación do expediente de crédito extraordinario núm. 2018-CREXT-02 do orzamento do ano 2018, por importe de 20.000 euros.
4.- Aprobación inicial do Regulamento de títulos, honras e condecoracións do Concello de Santiago de Compostela.
5.- Proposta de declaración institucional do Concello de Santiago en materia de loita contra a fraude.
6.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre o desenvolvemento de medidas de accesibilidade na cidade conforme ao segundo estudo realizado por ACEM.
7.- Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á necesidade de atender unha serie de demandas da policía local.
8.- Proposición do grupo municipal do BNG, para adoptar medidas que fomenten o uso de vehículos eléctricos, ao ser unha alternativa ecolóxica.
9.- Dar conta de renuncias ao Consello de Administración de XADE.
10.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11.- Rogos, preguntas e interpelacións.

20.30 h
No Teatro Principal, "Bailar en hombre", de Fernando López, dentro da programación de Teatro & Danza. Antes do espectáculo, no ambigú do Teatro, presentarase o libro "De puertas para adentro: disidencia sexual y disconformidad de género en la tradición flamenca".

Compartir: