Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 18 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

12.30 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, saúda os rapaces e rapazas participantes na I Marcha Ciclista Escolar.

18.00 h
No Centro Sociocultural de Lavacolla, obradoiro para mellorar o benestar individual e colectivo das mulleres, dentro do programa de actividades con motivo do Día Internacional das Mulleres.

20.00 h
Con saída nas escaleiras do Museo do Pobo Galego, paseo literario "O Día das Letras Galegas e Compostela", dedicado a María Victoria Moreno e enmarcado nas actividades do Concello con motivo do Día das Letras Galegas. O final do percorrido será na praza de San Martiño Pinario.

20.30 e 22.30 h
No Auditorio de Galicia, "Somos Criminais", con Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán.

Compartir: