Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 16 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar a I Marcha ciclista escolar, xunto coa oficial da Policía Local Diana Parente.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Centros Cívicos, Concha Fernández, e de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar as actividades dos seus departamentos con motivo do Día das Letras Galegas. Na rolda tamén estarán Óscar Senra (de MaOs) e Alba María.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar o Plan Municipal de Prevención en Drogodependencias 2018-2021.

12.00 h
No Pazo de Fonseca, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa no acto literario con motivo do Día das Letras Galegas organizado pola USC.

18.00 h
No Centro Sociocultural de Laraño, obradoiro para mellorar o benestar individual e colectivo das mulleres, dentro do programa de actos con motivo do Día Internacional das Mulleres.

19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a presentación do libro "É a lúa que baila…María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca". Tamén asisten: Xesús Alonso Montero, autor do limiar; Pedro Ferriol, viúvo de María Victoria Moreno; Francisco Castro, director da Editorial Galaxia; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio.

20.00 h
Con saída nas escaleiras do Museo do Pobo Galego, paseo literario "O Día das Letras Galegas e Compostela", dedicado a María Victoria Moreno e enmarcado nas actividades do Concello con motivo do Día das Letars Galegas. O final do percorrido será na praza de san Martiño Pinario.

Compartir: