Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 15 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, para dar conta das conclusións da Conferencia Estratéxica do Plan de Xestión da Cidade Histórica. Na rolda tamén estará codirector do mesmo, Juan Requejo.

11.00 h
Na sede de Cáritas (rúa Hospitaliño), a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste á entrega dos Diplomas das accións formativas 2017.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

16.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
2.- Proposta de rectificación de erro aritmético no anexo de investimentos plurianuais incorporado ao orzamento municipal para o exercicio de 2018.
3.- Proposta de cambio de axente financiador -préstamo- asignado a varios proxectos de gasto.
4.- Aprobación do convenio específico entre a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela e a Entidade Pública Empresarial ADIF-Alta Velocidade, para a execución dunha pasarela peonil urbana sobre a praia de vías da estación de ferrocarril, co fin de conectar dita estación coa nova estación de autobuses e mellorar a permeabilidade transversal da cidade conectando os barrios do Ensanche e Ponte Pedriña, no ámbito da futura estación intermodal de Santiago de Compostela, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

18.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández preside a reunión do Consello Municipal de Saúde.

Compartir: