Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 7 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, "Concerto Singular" coa Banda Municipal de Música e Píscore, dentro do Programa Didáctico.

10.00 h
Na cafetería do CGAC, almorzo informativo do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, para presentar a campaña "Por un modelo público e gratuíto de aparcamento de vehículos en rotación".

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.

19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7), o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, presenta o libro "Maside. A presenza do ausente". Asisten Mª Esther Rodríguez, autora dos textos xunto a Aurora Marco, Mercedes Rozas e María Xosé Fernández Cerviño; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; e Belén Fortes, responsable da editorial Guiverny.

Compartir: