Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 15 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e do voceiro do grupo parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o Campionato Galego Grupos Show - grandes e pequenos - de patinaxe artística. Na rolda estará Zeltia García Couso, adestradora, e Cristina Fernández Areal, secretaria e membro da directiva do CD Fontiñas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, sobre asuntos de carácter local.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do 17 de xaneiro de 2018.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Aprobación do proxecto técnico de expropiación, con urxente ocupación, dos bens e dereitos necesarios para executar a fase 1 da Estación Intermodal de Santiago de Compostela.
4.- Proposta ao pleno para que se pronuncie sobre a aprobación ou rexeitamento do convenio con Augas de Galicia e Acuaes, para executar as obras da nova EDAR do Souto.
5.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre medidas de impulso para a mellora do barrio de San Lourenzo e o Carme de Abaixo.
6.- Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, en relación a actuacións urxentes no barrio de Vite.
7.- Proposición do grupo municipal do BNG, para incluír a posibilidade dun modelo de xestión público e gratuíto de aparcamento de vehículos en rotación na nova memoria económica do servizo da ORA.
8.- Dar conta dos reparos efectuados pola intervención municipal ao primeiro semestre do exercicio de 2017.
9.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
10.- Rogos, preguntas e interpelacións.

20.30 h
No Teatro Principal, Talía Teatro presenta ‘O servidor de dous amos’, con motivo do seu 30 aniversario, dentro da programación de Teatro&Danza da concellaría de Acción Cultural. Ao remate da representación, teremos a #posfuncion, coloquio entre público e equipo do espectáculo.

Compartir: