Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 1 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o Encontro Aberto co Sector Cultural de Compostela que se celebrará o 6 de febreiro no Auditorio de Galicia. Nel presentará a convocatoria de axudas a procesos e actividades culturais, por concorrencia aberta e competitiva.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o XII Open Compos - Trofeo José Goás de Esgrima. Na rolda estarán tamén o secretario da Asociación Compostela Esgrima, Víctor Castro, e o xogador Adrián Penido.

17.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao equipo de benxamíns do Club Waterpolo Santiago, gañadores do Campionato Galego de Inverno.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel, dentro do programa de abono. Interpretan fragmentos de dúas óperas de Wagner ("Parsifal" e "O holandés errante"), ademais de obras de Scriabin e Debussy.

Compartir: