Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 5 de xaneiro

10.00 h
Na Praza de Abastos, a concelleira de Mercados, Noa Morales, asiste ao sorteo de Nadal organizado pola cooperativa da Praza.

12.00 h
No Cemiterio de Boisaca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á Ofrenda Floral na honra de Ramón María del Valle-Inclán.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

CABALGATA DE REIS
17.25 h
Chegada dos Reis Magos á estación do tren, onde serán recibidos por músicos e paxes. A continuación, percorrido polas rúas de Santiago: rúa Santiago de Chile - Frei Rosendo Salvado - Praza Roxa - República do Salvador - Hórreo - Praza de Galicia - Rúa da Senra - Porta Faxeira - Rúa do Vilar - Xelmírez - Praza das Praterías - Entrada Obradoiro.
19.30 h (aprox.)
Chegada á praza do Obradoiro e recepción por parte do alcalde, a Corporación municipal e a Banda Municipal de Música. A continuación, os Reis Magos saúdan os nenos e nenas dende o balcón.
20.00 h (aprox.)
Recepción dos Reis Magos a todos os nenos e nenas no Salón Nobre do Pazo de Raxoi. Comezo do espectáculo na praza do Obradoiro.

Compartir: