Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 31 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, "O poder de Amabel", da Cía Perez&Fernández, dentro do programa didáctico da Concellaría de Acción Cultural.

10.15 h
No miradoiro do Monte de Deus, o voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e o concelleiro Gonzalo Muíños manteñen un encontro cos medios.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o primeiro partido que xogará o Black Ravens como local na 1ª División da Liga de Fútbol Americano. Na rolda tamén estará o presidente do club, Fernando Vigo, e un dos xogadores da liña de ataque, David Gómez.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, presentan a 50 edición da Feira do Cocido de Lalín. De seguido, na praza do Obradoiro, visitan o autobús promocional da festa.

Compartir: