Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 30 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, "O poder de Amabel", da Cía Perez&Fernández, dentro do programa didáctico da Concellaría de Acción Cultural.

10.30 h
Na Escola Infantil Municipal de Meixonfrío-Salgueiriños, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asiste aos actos con motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o X Trofeo Cidade de Santiago e o Campionato de Galicia Júnior Masculino e Feminino de Judo. Na rolda estarán o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e o delegado da Federación Galega en Santiago, Javier Rial.

12.30 h
No Salón de Plenos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o Pleno Infantil con motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

19.30 h
Na Escola Municipal de Música (Vista Alegre), o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asiste ao Concerto da Banda de Iniciación da Escola Municipal de Música con motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Compartir: