Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 24 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico co grupo Las Lollipops, dentro do programa didáctico da concellaría de Acción Cultural.

10.30 h
En Salamanca (Facultade de Xeografía e Historia), a concelleira de Turismo, Marta Lois, participa na mesa redonda sobre xestión do Patrimonio Mundial, dentro do seminario organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para dar conta da adxudicación do contrato de xestión dos centros cívicos.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas para presentar a V Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage. Na rolda estarán Belén Montero, directora do Pazo de Congresos, e os organizadores do evento, Marycruz Madrid e Ángel Moix.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o proxecto Enreguéifate. Na rolda tamén estarán a concelleira de Normalización Lingüística de Ames, Isabel Vaquero, e os concelleiros de Cultura de Carballo, Marcos Trigo, e de Teo, Pilar Faxil.

20.30 h
No Teatro Principal, Mofa e Befa presenta ‘Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira’, dentro do ciclo de Teatro&Danza.

Compartir: