Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 17 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Culturactiva presenta ‘O Valo’, dentro do Programa Didáctico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Accion Cultural, Branca Novoneyra, e da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, para presentar o programa de Teatro&Danza de xaneiro a xuño.

12.00 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o video-forum Muller e deporte "Conquista os elementos". Na rolda estará a deputada provincial, Ánxela Franco.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do 21 de decembro de 2017.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM e do PE-8 no ámbito do equipamento universitario (EU-2). Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola.
4.- Aprobación inicial do orzamento e cadro de persoal do concello para o ano 2018.
5.- Proposición do grupo municipal do BNG, para arranxar, de urxencia, as deficiencias detectadas nos autobuses urbanos co obxectivo de incrementar a seguranza viaria no transporte público de Compostela.
6.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a continuidade do trazado entre as estradas N-634 e N-547 para a mellora da mobilidade en Lavacolla.
7.- Toma en coñecemento da elevación á aprobación definitiva da modificación da ordenanza fiscal 1.01, imposto sobre bens inmobles.
8.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
9.- Rogos, preguntas e interpelacións.

Compartir: