Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 9 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o novo curso da Escola de Música Popular e Avanzada (EMPA) de aCentral Folque e o concerto inaugural que terá lugar o martes día 10 ás 20.30 h. no Auditorio de Galicia. Tamén estarán na rolda Mauro Sanín, coordinador da escola, e Alba María, mestra de escola, antiga alumna, cantante e condutora do concerto de presentación.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar as obras que se van levar a cabo nos locais de ensaio da Almáciga.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: