Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 6 de outubro

9.00 h
No Hotel Celuisma dos Tilos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración do Foro sobre as oportunidades que representa para Galicia e Europa a iniciativa da Ruta da Seda. A actividade está organizada polo IGADI e a Academia de Ciencias Sociais da China coa colaboración de Casa Asia.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar as aulas de educación canina, actividade dos orzamentos participativos. Na rolda estarán Pablo Freire e María Sabel, representantes da asociación "Só lles falta falar".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

17.00 h
Na praza Roxa, a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, visita o posto informativo dos Orzamentos Participativos Compostela Decide.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia inaugura a súa tempada coa versión concerto de A sonámbula, de Bellini, dirixida por Manuel Coves. O concerto conta coa colaboración do Coro Gaos dirixido por Fernando Briones.

CURTOCIRCUÍTO. FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE
10-19 h. No Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes), actividade Arredor do son: exposición Diafonías. 6 exposicións sonoras, con obras de Berio Molina, Christian Marclay, Nader Koochaki, Ulobit,Vázquez / Arrieta, e Xabier Erkizia Acceso gratuíto.
10-14 h. No Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes), actividade Arredor do son: obradoiro O rostro audible, con Juan C. Blancas. Inscrición 70€ (35€ estudantes USC). 12 prazas
10.30 h. No CGAC, sesión Canteiras, adicada á formación audiovisual da mocidade. Inclúe a presentación do Festival Olloboi, a presentación do libro-web Aprendendo con Olloboi e a proxección das curtas gañadoras da sección. Entrada de balde para centros ata completar capacidade (200 prazas)
12.00 h No CGAC, gravación de El séptimo vicio de Radio 3 para os centros educativos participantes na iniciativa Canteiras, adicada á formación audiovisual. Limitada a 200 prazas.
13.00 h. Na praza de Cervantes, actividade Arredor do son: performance pelos na rúa e pelis na lingua con Álex Mendizábal. Cine Viandante en 4 actos polas rúas, prazas e pórticos da cidade. Entrada de balde.
16.30 h. No Centro Abanca Obra Social, actividade Arredor do son: conferencia Unha resonancia sinistra, con David Toop. De balde até completar capacidade.
18.30 h. No Teatro Principal, terceira sesión da retrospectiva sobre F.J. Ossang. Coa presenza do autor. Prezo da sesión: 2 euros.
20.00 h. Na Rúa Nova, actividade Arredor do son: performance pelos na rúa e pelis na lingua con Álex Mendizábal. Cine Viandante en 4 actos polas rúas, prazas e pórticos da cidade.
20.00 h. Na Sala NUMAX, sección especial Cando o son é a imaxe.
20.15 h. No Teatro Principal, quinta sesión da sección competitiva Radar.
22.00 h. Na Sala NUMAX, última sesión da sección especial Filmed by Peter Greenaway.
22.15 h. No Teatro Principal, cuarta sesión da sección competitiva Explora.
22.30 h. Na Sala Capitol, concertos da banda de rock alemana faust e de Ricardo Remédio. Prezo das entradas: 12 euros (anticipada) e 14 euros (no despacho de billetes)
00.30 h. Na Sala Riquela, concerto de La Isla del Tesoro vs Yuraq Walla. Entrada de balde.

Compartir: