Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 5 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o número de outubro da revista Compostelánea.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar as novidades do programa Descarboniza!, que non é pouco.

11.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración do IV Congreso do Notariado Europeo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e do catedratico da USC, Luis Carames, para presentar un estudo sobre a Taxa Turistica.

18.00 h
Na praza de Mazarelos, saída do itinerario Crear o mar en Compostela, un paseo literario conducido pola poeta Marta da Costa. Actividade de balde previa inscrición no correo electrónico: comunicacion@auditoriodegalicia.org. Limitada a 50 prazas.

19.00 h
Na Fundación Torrente Ballester, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, asiste ao acto de presentación da Guía ilustrada das igrexas de Santiago de Compostela. Tamén estarán Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Marta González, historiadora, autora dos textos; e Gemma Sesar, editora de El Patito Editorial.

19.00 h
No CIAC (Belvís), relatorio "Stop avespa velutina". A Asociación de Apicultura Galega realizará un relatorio sobre a situación da avespa velutina en Galicia, dentro das actividades programadas polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.

20.00 h
No CSC de Santa Marta, asemblea de decisión da zona Sur, dentros dos Orzamentos Participativos Compostela Decide.

CURTOCIRCUÍTO. FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE
10-19 h. No Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes), actividade Arredor do son: exposición Diafonías. 6 exposicións sonoras, con obras de Berio Molina, Christian Marclay, Nader Koochaki, Ulobit,Vázquez / Arrieta, e Xabier Erkizia Acceso gratuíto.
10-14 h. No Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes), actividade Arredor do son: obradoiro O rostro audible, con Juan C. Blancas. Inscrición 70€ (35€ estudantes USC). 12 prazas
10.00 h. No Teatro Principal, proxeccións da sección Teenage Riot (actividade reservada a institutos
11.30 h. No Teatro Principal, proxeccións da sección Criaturas (actividade reservada a colexios)
16.30h. No Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes), actividade Arredor do son: conferencia Sinestesias, coa musicóloga Sonsoles Hernéndez e a investigadora e artista audiovisual Blanca Rego. Entrada de balde até completar aforo.
18.30 h. No Teatro Principal, segunda sesión da retrospectiva sobre F.J. Ossang. Coa presenza do autor.
20.00 h. Na Sala NUMAX, primeira sesión da sección competitiva Pulsar.
20.15 h. No Teatro Principal, cuarta sesión da sección competitiva Radar.
21.30 h. Na Rúa Nova, gravación en directo do programa El séptimo vicio, de Radio 3.
22.00 h. Na Sala NUMAX, sección especial Jurassic Cruising Park.
22.45 h. Na Sala Sónar, concertos da banda de rock americano Horse Lords e do compositor de música electrónica coruñés Álex Silva.
01.30 h. Na Sala Riquela, concerto do DJ Senhor Gimarães. Entrada gratuíta ate completar aforo.

Compartir: