Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 4 de outubro

10.15 h
No parque das Ciencias (rúa Valle-Inclán, tras a igrexa de San Roque), o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste ao acto de colocación dunha placa na honra de Baltasar Merino y Román, botánico e meteorólogo, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias con motivo do Día da Ciencia en Galicia.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co cónsul xeral de Venezuela, Martín Pacheco Morillo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar unha nova edición de Compostela en escena. Na rolda tamén estará o actor e director Artur Trillo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA para a presentación de F.J. Ossang, convidado da XIV edición de Curtocircuíto. Participan Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; Pela del Álamo, director do festival; e F.J. Ossang, director de cinema.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Federación de Asociacións do Rural, FERUSA.

17.00 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao Debate sobre o Estado da Autonomía.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes no IV Congreso do Notariado Europeo.

20.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, asemblea de decisión do Rural (norte e sur), dentro dos Orzamentos Participativos Compostela Decide.

CURTOCIRCUÍTO. FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE
10-19 h. No Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes), actividade Arredor do son: exposición Diafonías. 6 exposicións sonoras, con obras de Berio Molina, Christian Marclay, Nader Koochaki, Ulobit, Vázquez / Arrieta, e Xabier Erkizia Acceso gratuíto.
10.00 h. No Teatro Principal, proxeccións da sección Criaturas (actividade reservada a colexios)
11.30 h. No Teatro Principal, proxeccións da sección Teenage Riot (actividade reservada a institutos
12-15 h. No Salón Teatro, actividade Arredor do son: seminario Corpo de vibración, con Javier Martín. De balde, con inscricióón previa.
12-15h. No Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes), actividade Arredor do son: obradoiro O rostro audible, con Juan C. Blancas. Inscrición 70€ (35€ estudantes USC). 12 prazas
16.30 h. No Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes), actividade Arredor do son: conferencia Paisaxe dorsal. Unha aproximación á etnografía sonora. Con Nader Koochaki, Miguel Alonso e Xabier Erkizia. De balde até completar aforo.
18.30 h. No Teatro Principal, terceira sesión da sección competitiva Explora. Prezo: 2 euros
20.15 h no Teatro Principal, primeira sesión da retrospectiva adicada a F. J. Ossang. Coa presenza do cineasta. Prezo da sesión: 2 euros
20.00 h. En NUMAX, sección especial Sonic Lux. Prezo da sesión: 2 euros.
21.45 h. Na Igrexa da Universidade, performance sonora Lopez Immersive Sound, con Francisco López. Entradas: 5 euros
22.30 h. Na Sala Capitol, concerto de Jupiter Lion + Palida (live). Entradas: 7 euros.

Compartir: