Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 31 de outubro

10.30 h
En Conxo (parque infantil da rúa do Penedo), o voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, mantén un encontro cos medios de comunicación.

11.00 h
Na Praza Roxa, a concelleira de Turismo, Marta Lois, presenta a X edición de Santiago(é)tapas. O cociñeiro da Maceta, Jorge Gago, preparará a tapa gañadora do premio do xurado do ano pasado, "Xurelo San Simón".

11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a representantes da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, e do sindicato SAGAP (Sindicato de Sanitarios Galegos Públicos).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar o Boas Noites, actividade resultante dos Orzamentos Participativos de 2017. Na rolda estarán Hadrián Rei e Nerea Couselo, da Asociación Ítaca

Samaín en Compostela
18.00 h
Na praza do Toural, obradoiros de tallado e caracterización de cabazas.
19.00 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, charla "De Samaín a Halomain. Biografia da evolución dunha Idea". De balde ata completar aforo.
21.30 h
No Centro Xove de Creación Cultural, contacontos "Que morro!", con Caxoto da Trastenda dos Contos. Espectáculo de risa e contacontos. De balde para público xeral e de balde ata completar aforo.

Compartir: