Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 23 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para informar sobre as subvencións de cooperación ao desenvolvemento 2017.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visita a exposición "CamiñaICamiño". Acompañarana Gema Sesar, de El Patito Editorial, e a ilustradora Blanca Escrigas.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa nova directiva da Asociación Hostelería Compostela.

18.00 h
No Hotel-Monumento San Francisco, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de conmemoración do XXX aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Itinerario Cultural Europeo.

FESTIVAL AMAL
20.30 h No Teatro Principal, inauguración da XV edición do festival coa proxección de "Nacido en Siria" (2016, Dir. Hernánd Zin).

Compartir: