Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 22 de outubro

12.00 h
No Teatro Principal, Casiano Mouriño Maquieira dirixe á Banda Municipal de Música de Santiago no programa ConcorDanzas do Novo e Vello Mundo, enmarcado nas Xornadas de Música Contemporánea. De balde.

12.00 h
Na Praza do Toural, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, clausura os talleres "Cores Marcianas", programados con motivo do Día Internacional da Visión.

FESTIVAL GALICREQUES
11-14 h Na praza do Toural, obradoiro El Trastero de Lula titulado "Constrúe o teu propio monicreque".
12.30 h Na Fundación SGAE, a compañía Don Davel presenta "Le Fumiste". Entrada a 5 euros.
14.00 h No paseo central da Alameda, a compañía Títeres Alakrán presenta "Circo Galaico". De balde.
17.00 h No paseo central da Alameda, a compañía Mircromina Teatro de Títeres presenta "Vacacións no mar". De balde.
17-20 h Na praza do Toural, obradoiro El Trastero de Lula titulado "Constrúe o teu propio monicreque".
18.00 h No paseo central da Alameda, a compañía Títeres Alakrán presenta "Circo Galaico". De balde.
20.00 h No Teatro Principal, a compañía Lafontana-Formas Animadas presenta "Peregrinación". Entradas a 5 euros.

Compartir: