Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 2 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o ciclo de outono da Banda Municipal de Música. Na rolda tamén estará o director da mesma, Casiano Mouriño.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Antón, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentar as novas actividades do Centro Xove.

13.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste ao acto institucional con ocasión do Día da Policía Nacional.

20.00 h
No CSC de Vite, asemblea de decisión da zona Norte, dentro dos Orzamentos Participativos Compostela Decide.

REMOVER ROMA CON SANTIAGO
18.30 h
Na igrexa San Pietro in Montorio de Roma, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na inauguración do festival "Remover Roma con Santiago", organizado pola Oficina Cultural da Embaixada de España en Italia con motivo do 30 Aniversario dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa.
20.00 h
Na sede da Academia de España en Italia, en Roma, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na inauguración da exposición "Moitos camiños. Imaxes contemporáneas do Camiño de Santiago", comisariada por Manuel Olveira. A mostra forma parte do Festival "Remover Roma con Santiago"

FESTIVAL CURTOCIRCUÍTO
10.00-14.00 h. No Centro Abanca Obra Social, (Praza de Cervantes), Actividade Arredor do son, con Javier Trigales. "Sound of thunder. Paisaxes visuais e sonoras no cine americano". Prezo 30 euros
16.30-18.00 h. No Centro Abanca Obra Social (Praza de Cervantes), Actividade Arredor do son co sonidista gañador de 3 Goyas, Ricardo Steinberg. "O son conta". Acceso libre até completar aforo.
17.45 h. Na Sala NUMAX, actividade Arredor do Son, coa crítica e investigadora Nicole Brenez. " A revolución só se deterá ante a perfección da felicidade. A cordas palabras. Encontros con cineastas #4". Acceso libre até completar aforo.
18.30 h.-19.30 h. No Teatro Principal. A primeira das Sesións Explora inclúe proxeccións de :
-On danse pour être ensemble (Dir. Nicolas Klotz eElisabeth Perceval; 2017; Francia; Documenta, Experimental)
-Refuge (Dir. Robert Todd, 2017; EUA; Documental)
-Nursing history (Dir. Mike Hoolboom, 2017; Canadá; Ficción, Experimental). Estrea en España.
-Re-Vue (DIr. Dirk de Bruyn, 2017 ; Australia; Experimental). Estrea en Galicia.
-Over & over (DIr. Michael Fleming, 2016: Países Baixos; Experimental). Estrea en Galicia.
20.15 h-21.30 h. No Teatro Principal. Sesión Radar inclúe as proxeccións de:
-Depressive cop (Dir. Bertrand Mandico, 2017; Francia; Ficción, Experimental). Estrea en España.
-Volva (Dir. Edouard Decam; 2016; Francia; Documental, Experimental). Estrea en Galicia.
-It's a date (Dir. Zachary Zezima, 2016; EUA; Animación)
-Os humores artificiais (DIr. Gabriel Abrantes; 2016, Portugal, Ficción). Estrea en España.
22.15-23.45 h. No Teatro Principal, a primeira das sesións Planeta GZ inclúe as proxeccións de:
-Palmira (Dir. Diana Gonçalves, 2017; España; Documental). Estrea mundial.
-Néboa (Dir. Claudia Costrafreda; 2017; España; Ficción)
-La mujer invisible (Dir. Noemía Chantada, 2017; España; Documental). Estrea mundial
-Aysha (Dir. Fon Cortizo, 2017; España; Documental)

Compartir: