Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 19 de outubro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA de presentación da nova directora-técnica da Real Filharmonía de Galicia. Participan: Martiño Noriega, alcalde de Santiago; Belén Hernández, xerente do Consorcio da Cidade de Santiago; Paul Daniel, director da RFG, e Sabela García Fonte, nova directora-técnica da RFG.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Xan Duro, para presentar unha moción do grupo de Compostela Aberta en relación aos incendios forestais.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
2. Aprobación provisional da modificación puntual da ordenanza especial OE-5 Galeras do PXOM, no ámbito do antigo hospital.
3. Aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela N4a01c do quinteiro N do SUNP-40. Parque empresarial da Sionlla.
4. Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM para o sinalamento de aliñacións na N-525. Tramo I. Núcleo da Susana.
5. Aprobación provisional da modificación da ordenanza fiscal 1.01, imposto sobre bens inmobles.
6. Proposición do grupo municipal do BNG, para axilizar a tramitación das licenzas de urbanismo.
7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa a que se estude a ampliación da piscina do centro deportivo de Santa Isabel.
8. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre unha maior información á cidadanía dos detalles da futura ordenación do transporte público municipal.
9. Dar conta da execución orzamentaria correspondente ao segundo trimestre do exercicio de 2017.
10. Dar conta dos reparos efectuados pola intervención municipal ao segundo semestre do exercicio de 2016.
11. Dar conta de resolucións da alcaldía de 19 e 27 de setembro de 2017.
12. Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
13. Comparecencia da concelleira de economía, facenda e administración, acordada na sesión plenaria do día 21 de setembro de 2017.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Paul Daniel dirixe á RFG nun concerto con obras de Haendel, Sibelius e Beethoven. Entrada a 12 euros cos descontos do 50% habituais.

FESTIVAL GALICREQUES
11.00 h Na Fundación SGAE, Gabriela González López representa Poeta Niña (función escolar).
11.30 h No Teatro Principal, a compañía Zero en Conducta presenta La dernière danse de Brigitte (función escolar).
17.30 h Na praza do Toural, a compañía El Telón presenta o espectáculo Historias con guantes. De balde.
18.30 h No Teatro Principal, a compañía Zero en Conducta presenta La dernière danse de Brigitte. Entradas a 5 euros.

Compartir: