Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 16 de outubro

10.00 h
Na sede da Fundación Down Compostela, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do programa Emprego con Apoio, de Down Galicia.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar o programa de centros socioculturais Doce doces de outono.

12.00 h
Na sede de FEUGA, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de entrega da III edición dos premios Spin Off Galicia.

FESTIVAL GALICREQUES
11.00 h
Na SGAE, a compañía murciana Periferia Teatro representa Vuela Pluma, un conto sobre a liberdade e o respecto á natureza para público a partir de 3 anos.
11.30 h
No Teatro Principal, función escolar do espectáculo Bala Perdida, de Títeres Cachirulo, unha peza en galego para público a partir de 9 anos
16.00 h
No Teatro Principal, función escolar do espectáculo Bala Perdida, de Títeres Cachirulo, unha peza en galego para público a partir de 9 anos.
18.30 h
No CSC Santa Marta, a compañía galega Danthea Teatro representa Cincenta, unha peza en galego para público a partir de 3 anos.

Compartir: