Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 11 de outubro

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día: punto único, aprobación Conta Xeral correspondente ao exercicio de 2016. NOTA: non haberá streaming.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a vindeira carreira do circuíto CorreSan: Ruta da Prata-Angrois. Na rolda tamén estará o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.

11.00 h
No Hotel Araguaney, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, intervén na presentación da Semana de Cine Euroárabe Amal2017, con Anxo M. Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e Ghaleb Jaber Martínez, presidente da Fundación Araguaney e director da Semana Amal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar o II Foro de Economía Social Inspiradora, dentro do programa Compostela Móvese 2017.

11.30 h
No Salón de Plenos do Concello de Lugo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa nos actos con motivo do Día do Camiño Primitivo, dentro das Festas do San Froilán.

18.30 h
Na Finca Vista Alegre, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste á celebración do Concerto para a Veciñanza, que organiza a Escola Municipal de Música.

19.30 h
Na Zona C, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, inaugura a intervención Un cuarto propio, a primeira das propostas seleccionadas na convocatoria competitiva de proxectos de artes visuais 2017-2018. Participan na presentación o comisario da intervención, Rosendo Cid, e a artista cuxa obra centra a exposición, Rosa Neutro. Acceso de balde ata completar aforo.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Maximino Zulamave dirixe á Real Filharmonía de Galicia nun programa centrado na música española con composicións de J. Guridi, A. Gaos e M. de Falla.

Compartir: