Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 10 de outubro

10.15 h
Os concelleiros de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e Medio Ambiente, Xan Duro, visitan o obradoiro Ecotur 3. Punto de encontro: en Conxo, antes do aparcamento do provincial, onde o 061.

11.15 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, sobre o día Mundial da Visión. Na rolda estarán Lourdes Díaz, presidenta da Asociación Tiresias Galicia; José María Casado, presidente da Asociación Visión- España; e Antonio Felpeto, un dos participantes nos talleres.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a XXII edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques. Tamén estarán da rolda Jacobo Sutil, director da AGADIC, e Jorge Rey, director do festival.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o proxecto Santiauga.

12.00 h
Na Praza do Matadoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, participa nos actos do Día Mundial da Saúde Mental.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na sede de El Correo Gallego (polígono de Costa Vella), a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da 40 Carreira Pedestre Popular de Santiago.

19.30 h
Na Fundación Eugenio Granell, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, participa nos actos do Día Mundial da Visión.

Compartir: