Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 16 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Rafael Peña sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, e de Francisco Xavier Freire Chico, vogal do Pleno da Cámara de Comercio, para dar a coñecer o fallo do xurado dos premios Manuel Beiras.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.00 h
Na Facultade de Ciencias da Educación, a concelleira de Educación, Noa Díaz, asiste á inauguración da exposición dos traballos elaborados no marco do proxecto de aprendizaxe "Construíndo a historia da educación en Galicia".

12.30 h
No CGAC, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asiste á reunión do Pleno da Comisión organizadora do Xacobeo 2021.

13.45 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva e o Consello de Administración da devandita entidade (SÓ GRÁFICOS).

20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Sierra, presiden o acto de entrega dos premios Manuel Beiras.

Compartir: